Tutorial | Tracing bitmaps Unha das funcionalidades de Inkscape é unha ferramenta para vectorizar unha imaxe de mapa de bits nun elemento <path> dun debuxo SVG. Estas pequenas notas deberían axudarlle a coñecer como funciona. Agora mesmo Inkscape utiliza o motor de vectorización de mapas de bits Potrace (potrace.sourceforge.net) de Peter Selinger. No futuro agardamos que se poidan usar diferentes programas de vectorización; por agora, non obstante, esta excelente ferramenta é máis ca suficiente para as nosas necesidades. Teña en conta que o propósito do Vectorizador non é reproducir un duplicado exacto da imaxe orixinal; está pensado para producir un producto final. Ningún vectorizador automático pode facer iso. O que fai é darlle un conxunto de curvas que pode usar coma un recurso para o seu debuxo. Potrace interpreta un mapa de bits en branco e negro, e produce un conxunto de curvas. Agora mesmo temos tres tipos de filtros de entrada para converter dende a imaxe en bruto a algo que Potrace poida usar. Xeralmente, canto máis escuros sexan os pixels na imaxe intermedia, máis vectorización realizará Potrace. Coma a cantidade de vectorización aumenta, requerirase máis tempo de CPU, e o elemento <path> será máis grande. Suxírese que o usuario experimente con imaxes intermedias máis claras primeiro, probando gradualmente con imaxes máis escuras para obter a proporción e a complexidade do camiño de saída desexados. To use the tracer, load or import an image, select it, and select the PathTrace Bitmap item, or Shift+Alt+B. Opcións principais do diálogo de Vectorización O usuario verá as tres opcións de filtro dispoñibles: Brightness Cutoff Isto simplemente usa a suma do vermello, o verde e mailo azul (ou escala de gris) dun pixel coma un indicador de se debe ser considerado negro ou branco. O limiar pode establecerse dende 0.0 (negro) a 1.0 (branco). Canto maior sexa o valor do limiar, menor será o número de pixels considerados coma "branco", e a imaxe intermedia será máis escura. Imaxe orixinal Limiar de brilloRecheo, sen trazo Limiar de brilloTrazo, sen recheo Edge Detection Isto usa o algoritmo de detección de bordos ideado por J. Canny coma un xeito de atopar rápidamente isoclinas de contraste similar. Isto producirá un mapa de bits intermedio que se parecerá menos á imaxe orixinal que o resultado do «Limiar de brillo», pero probablemente proporcionará información de curvas que de outro xeito se ignorarían. A opción de limiar de aquí (0.0 – 1.0) axusta o limiar de brillo para determinar se un píxel adxacente a un bordo de contraste se vai incluír na saída. Esta opción pode axustar a escuridade ou o grosor do bordo da saída. Imaxe orixinal Bordo detectadoRecheo, sen trazo Bordo detectadoTrazo, sen recheo Redución de cores O resultado deste filtro producirá unha imaxe intermedia que é moi diferente das outras dúas, pero que é moi útil. En vez de mostrar isoclinas de brillo ou contraste, isto atopará os bordos onde cambian as cores, incluso con igual brillo e contraste. A opción «Número de cores» decide cantas cores haberá na saída se o mapa de bits intermedio está a cor. Tamén decide branco/negro dependendo de se a cor ten un índice par ou impar. Imaxe orixinal Redución de cores (12 cores)Recheo, sen trazo Redución de cores (12 cores)Trazo, sen recheo O usuario debe probar os tres filtros, e observar os diferentes tipos de saída para os diferentes tipos de imaxes de entrada. Sempre haberá unha imaxe na que un funciona mellor cós outros. After tracing, it is also suggested that the user try PathSimplify (Ctrl+L) on the output path to reduce the number of nodes. This can make the output of Potrace much easier to edit. For example, here is a typical tracing of the Old Man Playing Guitar: Imaxe orixinal Imaxe vectorizada / camiño de saída(1,551 nodos) Note the enormous number of nodes in the path. After hitting Ctrl+L, this is a typical result: Imaxe orixinal Imaxe vectorizada / camiño de saída - simplificado(384 nodos) A representación é un pouco máis aproximada e angulosa, pero o debuxo é moito máis fácil de editar. Teña en conta que o que vostede quere non é unha vectorización exacta da imaxe, senón un conxunto de curvas que poida usar no seu debuxo. Bulia Byak; Jonathan Leighton; Colin Marquardt; Nicolas Dufour; Gellért Gyuris Leandro Regueiro — 2007, 2010, 2011 Esteban Capella — 2019